Saturday 18 de May de 2024

Aberto o prazo de matrícula nas escolas municipais artísticas para novo alumando


As escolas municipais de danza, música e teatro teñen aberto o prazo de matriculación para novos alumnos e alumnas ata o 27 de abril. Finalizado o proceso de renovación do actual alumnado, o Concello de Oleiros oferta un total de 115 prazas para a Escola Municipal de Música, 272 para a Escola Municipal de Danza e 32 para a Escola Municipal de Teatro.

As persoas interesadas poden consultar toda a información na páxina web do Concello, no apartado da Concellería de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.